Usuario:Sabela m

De ShoutWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

16 POEMAS GALEGOS PARA ERNESTO CHE GUEVARA CONTRA A SÚA MORTE (1967-1973) é unha obra editada e coidada por Xesús Alonso Montero e Xosé M. Salgado que contén 16 poemas de diferentes poetas galegos que lle adican a figura do Ché. Esta obra non consta única e exclusivamente os dezaseis poemas senón que moitos dos poetas contan a súa propia experiencia con este guerrilleiro como é o caso de Neira Vilas. Alén diso a obra está aderezada con debuxos e ilustracións de artistas galegos que fan referencia a figura do Ché, como é o caso de Díaz Pardo, Bea Rey, X. Luís de Dios, Pérez Bellas, Quessada, Reimundo Patiño, Saturno Lois, Virxilio e Xaquín Marín. Cómpre mencionar que o limiar da obra está escrito por Darío Villanueva. O último poema anónimo e escrito en 1967 non é adicado ao Ché, senón a Mario Terán, o seu executor, neste poema o autor critica duramente a Mario Terán chamándolle feixista, asasino e todo tipo de adxetivos pexorativos que se lle poden atribuír a unha persoa. Finalmente a obra remata con un poema escrito polo propio Ché que lle adica a súa nai “Vieja María vas a morir.”